"Amigos do Val do Mao"; somos unha asociacián qeu naceu co fin de darlle pulo o pobo que fai referenza; o Val do Mao.
Nacemos o día 1 de Xaneiro do ano 2006, e ainda que somos moi novos, como asociación, xa se conseguiron logros que quizáis nunca se lograsen de non aparecer a Asociación en escena.
Estamos formados por unha grande parte dos veciños do pobo, así como por moitas outras persoas que, directa ou indirectamente están relacionadas co Val do Mao, e pretenden, coma nos, ver-lo medrar, e neganse a velo correr a mesma sorte que moitos outros están a correr, que non é outra que quedar ceives e seren habitados pola flora e fauna da zona.
Coa creació desta páxina web, preténdese crear un punto de información das actividades que se levarán a cabo, así como un lugar donde mostrar o noso pobo a toda a internet, a máis de crear, tamén, un recuncho onde todos aqueles que, "vivindo fora, pensan dentro", poidan cobixarse nas noites de morriña, e teñan máis doado cura-la súa saudade.
Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
WebMaster: amigosdovaldomao@guiadesarria.com