Cursos
A Asociación Sociocultural e Xuvenil “Amigos do Val do Mao” organizou para este ano 3 cursos dirixidos a todos os membros da Asociación e demais persoas dos Concellos limítrofes que queiran participar nos mesmos.
Estes cursos foron publicitados en diferentes sitios, e se queres participar neles ainda estas a tempo. Anímate, ¡¡¡¡¡esperémoste no Val do Mao!!!!
Mentras non dispoñemos de local social, do que está a piques de comenzar a obra; os cursos realizanse na “Palloza Tradicional” que se atopa na praza do Campo da Festa do pobo, situada preto da igrexa no barrio de San Eufrasio, ou nunha casa particular que doou o seu espacio a Asociación para poder realizar os cursos, os cales dende aquí lle agradecemos a súa inmesa colaboración.
O listado de cursos coas datas de impartición preséntase na seguinte táboa.
Se queres partipar so tes que aportar 10€ se eres socio, ou 30€ se non eres socio. A duración establecida inicial dos cursos é 4 meses e xa comenzaron no mes de xullo e agosto. O duración do curso poderase alargar se os participantes están interesados.
| Curso | Data de impartición | Data de comenzo | Data de finalización |
| Cestería | Venres de 19:00 a 21:00 horas | Xullo 2007 | Outubro 2007 |
| Música tradicional | Sábados de 11:00 a 13:00 horas | Agosto 2007 | Novembro 2007 |
| Manualidades | Sábados de 18:00 a 20:00 horas | Xullo 2007 | Outubro 2007 |
O próximo ano agradamos organizar máis cursos e en mente temos uns cantos, que esperamos sexan do teu interese e a túa participación. Algúns exemplos son: informática, cociña tradicional, bailes de salón…
Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.