Festa do Antroido.

A Asociación Socio-cultural “Amigos do Val do Mao” organizou no mes de febreiro deste ano a “1ª Festa do Antroido Val do Mao 2007”.


Deste xeito invítaba a participar na recuperación desta festa tradicional a todolos veciños do pobo, na que ademáis do correspondente baile de disfraces, puideronse degustar productos típicos da época como foron as cacheiras, chourizos, orellas, filloas, etc; e por suposto non faltou o baile.


Para asistir a esta festa aconsellábase acudir disfrazado, xa que deste xeito se intenta recuperar a “Corrida das Máscaras” tan popular nos pobos galegos, e que se está a perder nos pobos xa que a xuventude acude a bailes de disfraces organizados en discotecas e bares de núcleos urbanos. Ademáis os mellores e máis orixinais disfraces foron premiados.


Este ano a Asociación “Amigos do Val do Mao” ten toda a intención de volver organizar ese evento, así que animámosvos a todos os veciños a que vaian pensando no disfraz para esas vindeiras datas e a participar e animar ao pobo no Carnaval 2008.


Logo oficial da Asociación Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.