Lenda da “Chegada dos Restos Mortais de San Eufrasio o Val do Mao”

Poucos anos despois da morte de Cristo chegou a España o Apóstolo Santiago desenrolando a sua labor apostólica principalmente en Galicia, “finisterre” de aqueles tempos. De aquí levou sete xentis conversos e entre eles a Eurfrasio.

Sufriu Santiago martirio e morte en Jaffa (Jerusalén) no ano 44 da Era Cristiá e Eufrasio con outros discípulos trouxo o corpo de Santo do Apóstolo ata Iria-Flavia, en Padrón. Voltaron a Roma os sete varóns apostólicos e Pedro e Pablo nomeáronos “Bispos” coa misión de evanxelizar xentís na Península Ibérica, ocupada neses intres polos romanos. A sede episcopal de Andujar ocupouna Eufrasio, onde realizou con celo e eficacia a sua misión apostólica durante doce anos ata que os sátrapas de Nerón lle derón martirio e morte.

Os restos mortais do Santo Varón Apostólico Eufrasio forón gardados celosamente polos cristians da sede de Anduxar, en Andalucía ata o ano 711 que chegaron os sarracenos e os moeron a paos. Temerosos aqueles monxes andaluces de que o sepulcro fose profanado polos árabes, que invadían o país, decidiron ir a terras galegas, levando consigo os restos mortais do Santo Varón Apostólico.

Acollidos en Samos o amparo dos monxes, dubidaron ainda se aquel cenobio cristiano non sería suficientemente seguro; e máis tarde foi levado ata as estribacións do Monte Oribio en Foilebar. Finalmente este peregrinas constante coas reliquias de San Eufrasio acabou definitivamente no Val de O Mao (Val do Mao ou Val Omano).

Ainda que houbo disputa por si debía ou non quedar neste fermoso val, por fín gañou a porfía a decesión do burro que soportaba as reliquias e que comía placidamente unhas tenras silvas e non quixo moverse de aquel lugar. Por moito que acuciaron o animal, sigueu terco no seu silveiro. Isto foi tomado coma un sinal de bo agüero e aquí temos definitivamente o Santuario, onde permanecen os restos por máis de doces séculos. Tódolos anos se celebra unha gran romería na honra do Santo o 15 de maio.





Logo oficial da Asociación Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.