Asociación Socio-Cultural e Xuvenil

‘AMIGOS DO VAL DO MAO’

Esta asociación, cobra vida e comeza a súa singradura o día 1 de Xaneiro do presente ano (2006), como resposta a unha serie de ideas, inquietudes e dun sentimento real dun grupo de rapaces e con éles dunha parte da xente deste pobo que se nega a ver morrer a súa historia e a sua riqueza cultural.

Logo de pasar a maior etapa das nosas vidas aquí, e vendo a actitude pasiva no canto a realización dalgunhas obras necesarias e á celebración de actividades culturais; este grupo de rapaces, decidímos xuntar as nosas forzas, os nosos coñecementos e por encima de todo a nosa ilusión e así intentar e contribuir con humildade e moito traballo a mellorar o pobo en todos aqueles aspectos que o necesiten, que son moitos, e comezar polo tanto un camiño que nos leve a que nun futuro o VAL DO MAO sea coñecido non só pola súa beleza e o seu patrón S. Eufrasio, senón tamén por todas aquelas cousas que nel se fagan.

En todo caso, nos seguintes puntos tratamos de informar e darche resposta a moitas dúbidas que de seguro che surxen neste momento:

¿Quenes somos?

Polo de pronto, dita asociación está formada pola práctica totalidade da xuventude residente no pobo, así como por outros rapaces que se ben viven fóra, están fortemente ligados a él por vínculos familiares ou de amizade e comparten esa mesma ilusión.

Sen embargo, queremos manifestar e destacar que isto foi só o comezo, que a asociación, é unha asociación aberta a todos e polo tanto a partir deste momento, invitámos á totalidade da xente deste VAL DO MAO así como familiares e amigos, (independentemente da idade) a que participen nela activamente, pois como se comentará en posteriores puntos os fins da mesma son de interese de todos.

¿Cales son os nosos proxectos?

Antes de enumera-los mesmos, querese adiantar que non se pretende nada imposible. Tódolos puntos que se tratarán están perfectamente estudiados e analizados, e cremos que son asumibles. É certo, que para iso, fai falta certa colaboración da administración, sobre todo en canto algúns aspectos, pero sobre todo, o que fai falta é a unión e o acordo de todos nós.

Estes proxectos son os seguintes:

? Realización e impartición de distintos tipos de cursos;

Con éles pretendemos que os habitantes deste pobo así coma outra xente que se queira suscribir ós mesmos, poidan adquirir coñecementos acerca de múltiples temas como poderían ser: Agricultura, cociña, historia, oficios, música, baile, e outros que nos permitirían ¿ por que nón ?, nun certo tempo, a creación dun grupo de música e baile tradicional local que serviría de representación do pobo; así coma , talleres, obradoiros, etc a través dos cales se puideran levar a cabo algunhas obras de recuperación de edificacións e de certas áreas verdes.

? Realización de viaxes culturais. Que nos permitan coñecer outros pobos e a sua cultura e sentar bases para posibles intercambios entre a xente deste e deses outros pobos, especialmente con Ándujar, (Xaén) co cal xa se celebrou un acto de irmandade.

? Festas gastronómicas: Nas que se fomente o consumo dos productos destas terras e se recuperen as receitas tradicionais elaboradas cos mesmos, que foron pasando de boca en boca a través de distintas xeracións sendo fortemente valoradas polos visitantes deste pobo que xa as degustaron e no-lo fixeron saber a través da repetida expresión ¡ Coma aquí, non se come en ningún lado!, a cal, neste pobo fai xustiza .

? Local social: Como ben sabemos todos nós, este pobo carece dun local de reunión, no que se poidan realizar acontecementos, como por exemplo os cursos ós que facíamos referencia mais arriba, reunións da comunidade de montes, etc... Pola nósa parte, xa levamos a cabo varias xestións coa administración local e autonómica mostrándose éstas predispostas a levar a cabo actuacións favorables neste sentido.

? Zona de ocio ou recreativa: Que podería comprender:
--- unha pista polideportiva, semellante á xa existente noutros pobos do concello dende fai algúns anos.
--- unha piscina de uso común dotada cunha zona verde.

Ámbo-los dous elementos, darían, por unha parte, unha solución inmediata á forte e reiterada demanda de instalacións tanto por parte da xuventude do pobo que practica deporte ( que son moitos) como por parte dos numerosos visitantes do mesmo que reclaman unha zona natural donde poder xantar ou descansar. Por outra parte contribuirían a fomentar a práctica do deporte entre a xente mais nova cos conseguintes beneficios para eles e a relación da xente co medio natural. E sen dúbida sería un importante reclamo para atraer, se cabe, mais visitantes a este fermoso VAL DO MAO, que xa é un dos pobos mais visitados, senón o máis visitado e coñecido deste Concello.

? Promover e colaborar coa Restauración da casa rectoral: ¿Non é de verdadeira lástima que semellante casa remate por dar coas suas pedrás no chan?, ¿Cantos fins se lle poderían dar actualmente a esa casa?, esto é que nos preguntamos tódolos veciños nalgún momento, e parecenos incrible que non se faga nada.

? Unir o VAL DO MAO con Samos: A través de xestións necesarias que permitan establecer unha pista pola serra do Édramo intentando recupera-lo antigo Camiño dos Monxes existente no pasado entre estes dous pobos e creando así unha ruta alternativa ó CAMIÑO DE SANTIAGO dende éste punto de Samos pola cal os peregriños poderían visitar a igrexa e o sepulcro de San Eufrasio, discípulo do Apóstolo Santiago

? Impulsa-la recuperación dos restos arqueolóxicos do Castro e máis as Mámoas sitas no monte da Sta. Mariña: que é un dos enclaves arqueolóxicos máis importantes de Europa, así recoñecido por expertos na materia.

¿Cales son os nosos proxectos?


? Promover o desenrolo cultural do pobo.
? Establecer unha zona de ocio e entretemento para disfrute de habitantes e visitantes.e
? Fomentar o turismo e coñecemento do pobo mediante unha oferta cultural organizada.

?¿Cómo se pretenden conseguir os fins?

Para conseguir todo o que propoñemos, sen dúbida requírese unha combinación de factores entre os que queremos destacar sobre todo:

->O traballo e colaboración que cada un poida aportar a este proxecto de ilusión de todos e para todos. Sabemos que sen éstes nada poderíamos conseguir pero pensamos que os fins da Asociación fan que mereza a pena un esforzo de toda a xente

->O diálogo coas persoas e coas institucións públicas e privadas: Contamos con xente, sobradamente, preparada para dialogar con calquera persoa, seña quen seña, pense o que pense, e faga como faga. Estamos convencidos de que nos tempos de hoxe mais ca nunca, é o diálogo e non a forza ou o abuso un dos pilares básicos para acadar obxetivos comúns. Convencidos tamén de que os nosos proxectos son posibles a corto, medio e largo plazo, según o caso, con diálogo, pois, pretendemos alcanzá-los.

->Comprensión e paciencia por parte de todos. Como se puxo de manifesto na presentación, acabamos de nacer como asociación, unha aventura nova para todos nós. Temos moita ilusión e traballo postos neste proxecto, pero somos realistas e sabedores de que haberá cousas que se poidan facer mellor por iso estamos abertos a que se nos faga unha crítica constructiva na que se aporten novas opinións e puntos de vista cos que se poida mellora-la forma de facer as cousas.

¿Qué precisamos?

Certamente, precisamos axuda de institucións públicas e privadas, pero sobre todo o que precisamos é de ti e da tua colaboración, aportando cada un ese grao de area que nos fai falta para acadar eses obxetivos.
E ben, logo desta extensa presentación, pero agardamos que clara; para rematar, queremos lembrarche que somos do mesmo pobo ca ti, que só queremos o mellor para este pobo no que nacemos, no que pasamos e esperamos pasar moi bos momentos entre todos, pero no que pensamos que hai que levar a cabo unha serie de cousas que permitan asentar unha base para as xeracións que nos seguen e que impida que este pobo vaia, coma moitos outros, polo camiño da desaparición.
Aproveitamos para enviarche un saúdo e unha forte aperta e animarte a que te unas a nós facéndote SOCIO., para o que podes chamar a calquera destes números: 982427081, 982427053, 982165892, 982165857.

Moitas Gracias por nos escoitar.

Asociación Socio-Cultural e Xuvenil
‘AMIGOS DO VAL DO MAO’
CIF: G27342666






Logo Xunta Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.