Recuperación dos restos arqueolóxicos do Castro de Formigueiros
Nun enclave de fermosura indiscutible atópanse os restos arqueolóxicos do Castro de Formigueiros, onde mantivemos unha entrevista co director dos traballos para a recuperación do Castro; Gónzalo Meijide.
Este enclave tratase da serra do ‘Edramo’, lindeiro natural entre os concellos de O Incio e Samos.
Por segundo ano consecutivo, unha vintena de rapazas e rapaces, procedentes tanto da península ademáis de outros paises europeos como son Francia ou Polonia, están a traballar na limpeza e recuperación de dito Castro. Estes rapaces (de entre 18 e 25 anos), pertencentes a un campo de traballo organizado pola Consellería de Cultura, traballarán neste enclave durante a 1ª quincena de agosto, Na segunda quincena, outra veintena de rapaces de entre 25 e 30 anos, ocuparanse de continuar co traballo comenzado este ano.
O longo deste mes preténdese descubrir e recuperar un total de tres vivendas máis, a que lle haberá que sumar a xa descuberta no campo de traballo organizado no ano 2006, así como parte da muralla principal. Coméntanos o arqueólogo e director da excavación, Gonzalo Meijide, que o estado de conservación do Castro é bastante bo, isto podería ser debido a situación do mesmo, xa que se atopa nunha zona de non sinxelo acceso.
Os rapaces traballan a reo en xornadas dende as 9 as 14 hrs. Para conseguir o pretenedido fin da recuperación das tres vivendas. Nun amistoso ambiente de traballo e ben dirixidos polo director ademáis de Mari Luz (Arqueóloga contratada para levar a cabo a reconstrucción) e baixo un sol de xustiza, os rapaces aprenden as munúciosas técnicas de excavación en xacementos arqueolóxicos, as cales, a medida que pasa o tempo, van perfeccionando, e así conseguindo que o traballo sexa dunha moi boa calidade.
Na conversa mantida con Gonzalo Meijide, sobre os datos extraidos das excavacións neste castro, este comentanos que non se podía determinar con exactitude a data na que o castro fora construido, debido a falta de materiais atopados que faciliten a determinación da idade do Castro, como poden ser restos de carbón, cerámicas.... Pero dunha forma aproximada, poderíase dicir que o Castro de Formigueiros sería de entre os séculos "II a.c e I d.c. cunha reocupación posterior tardía, posiblemente entre os séculos IV-V d.c". Tamén nos comenta que se trataba dun dos castros con “maiores, ou mellor conservados,” sistemas defensivos de entre os castros que se coñecen, o que se pode contemplar na cantidade de fosos e parapetos (muros exteriores que protexen os castros de posibles ataques) que ainda hoxe se conservan e que hai cruzar para chegar a “Croa”, parte principal do castro donde se atopaban as casas castrexas nas que se está a traballar, e que, “por indicios claros, podese concluir que estabn teitadas con lousa”, explicanos o arqueólogo.
Pódese ver tamén no Castro de Formigueiros, construcción de pranta rectangular. É neste punto donde se vé a influencia romana nas construccións castrexas, típicamente de pranta redondeada. Aínda que tamén existen construcción de pranta cadrada con esquinas redondeadas. De todas formas, a pranta non sempre é da mesma forma, dependendo da zona é típico que sexan de pranta distinta. Por exemplo, nos castros descubertos na zona da Coruña e Pontevedra, estos sí soen ter pranta circular, en cambio os descubertos na zona do Oeste Galego; Lugo e Ourense, son de pranta cadrada con chafláns. “Isto non ten porque ser sempre igual”.
De todas formas, “é necesario continuar coa excvación para obter máis datos que permitan determinar de forma máis concreta tódalas características do castro”, comenta o director.
Estos traballos estanse a levar a cabo grazas as consellerías de Medio Rural, pola limpeza do lugar, a consellería de Cultura e Deporte e o servizo de Xuventude e Solidaridade dentro da Consellería de Vicepresidencia, por organiza-los campos de traballo que permiten recuperar este patrimonio de todos nos.
E así rematou a entrevista con Gonzalo Meijide, nesta paraxe extraordinaria pola que os vecinos deste pobo loitamos por manter viva.
Non nos gustaría rematar sen antes darlle-las grazas pola súa colaboración e tempo prestado ao mesmo Gonzalo e máis a Mari Luz.
Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.