Ruta turística das Igrexas Románicas.

Esta ruta turística recolle a visita a tres igrexas próximas situadas o redor do Val do Mao: San Salvador do Mao, San Román do Mao e Santa María do Mao. Estas igrexas configuran parte da ruta do románico no concello de O Incio. Todas elas caracterizanse por ter o cemiterio recollido o redor da igrexa e cerrado dentro da mesma nave ou edificación. Caracteríca esta ú nica nestas tres igrexas.

Na igrexade Santa María do Mao, está o sepulcro de San Eurfrasio, obispo de Anduxar e patrón do Val do Mao e do Concello de O Incio. Esta igrexa foi restaurada fai uns anos e quedaron o descuberto importantes pinturas cun gran valor histórico.

O sepulcro de San Eufrasio foi feito no centro da nave e está semienterrado, cubren a sepultura dúas grandes lápidas superpostas, a última cunha inscripción borrosa que fai alusión á apertura do enterramento, feito no ano 1596, para sacar as reliquias, destinadas á cidade de Andujar e para o Monasterio do Escorial. Estas reliquias foron extraidas por orde do Rei Felipe II, quen dirixiu o Padre Abade de Samos Fray Diego Ledesma unha carta pedindo unha reliquia de San Eufrasio para a cidade de Anduxar. Na cabeceira da tumba atópase un pilar moderno de marmore; rematado en capitel con decoración axedrezada, que serve de base a unha interesante imaxe do Santo de estilo barroca duns 80 centimetros. Ata fai pouco tempo o enterramenteo estivo protexido por unha cancela de ferro forxado que circundaba todo o conxunto, partindo desde os catro lados sendas barras que remataba en cúpula, e sobre ela unha hornacina protexía a imaxe do Santo.

Esta imaxe do Santo sae en procesión tódolos 15 de maio, día da romería na honra a An Eufrasio que se celebra na parroquia de Santa María do Mao.

A paisaxe que acompaña a estas tres igrexas e parroquias caracterizase pola abundancia de soutos e carballeiras. Merecendo a pena pasar un día de fermosa andaina visitando os tres templos e desfrutando da agradable paisaxe o que o viaxeiro ten ocasión de apreciar.

Igrexa orixinal.





Logo Xunta Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.