Xornadas Gastronómicas Outono 2007.
Como xa mencionamos anteriormente, un dos fins da Asociación “Amigos do Val do Mao” e a recuperación de Festas Tradicionais, e nestas festas inclúense como non podía ser de outra maneira as Festas Gastrónicas, tan ricas e varidas na nosa Terra Galega.
Por iso pretendemos dar vida, e un valor máis elevado do que xa posúen, a dous productos dos que no noso pobo é ben rico neles coma son os Cogumelos e maila Castaña.
Con este tipo de celebracións, a xuventude, pretendemos non só animar socioculturalmente este pobo, senón difundir e promover o patrimonio gastronómico do que dispón a nosa parroquia, fomentando o seu consumo e intentando modestamente contribuir, o mantemento e desenrrolo dunha economía local baseada en productos como a castaña, o porco, cogumelos etc.
Para esto, nos vindeiros meses de outubro e novembro, celebraremos respectivamente:
Xornadas micolóxicas e Degustación de Cogumelos
Esta festa e o primeiro ano que se organiza e levarase a cabo a mediados de novembro. Non podemos concretar a fecha porque estase a espensas do tempo. Como xa sabemos os cogumelos non aparecen ata que chegan as choivas, e debido o benigno tempo que estamos a ter, non disfrutamos ainda destas delicias coas que nos premia a terra.
- A Xornada comenzará o venres pola tarde cunha charla exposición sobre as variantes dos cogumelos que temos na nosa zona e a forma de recoñecelos, a cargo do Catedrático da Universidade de Santiago, D. Antonio Regueiro. - O sábado pola tarde levarase a cabo una campaña de recollida deste produto; para o cal realizarase unha excursión ao monte e pradeiras do Val do Mao onde se atopan os mesmos. - Por último, a última hora do día, levarase a cabo a preparación de diversas receitas e posterior degustación das mesmas polos asistentes as xornadas.
Con este tipo de celebración intentamos potenciar un produto que se atopa nas pradeiras do novo pobo, descoñecido en moitos casos polos propios habitantes do mesmo e moi valorado por outras xentes que veñen a recollelos as pradeiras e fragas do Val do Mao.
A continuación pódese ver e descargar o Cartel informativo da festa:
Cartel Xornadas Micolóxicas.
2ª Festa da Castaña: magosto popular
Esta festa que é o segundo ano que se organiza, celebrarase o vindeiro 2 de outubro na praza do pobo e realizaranse na mesma tres tipos de actividades:
-Concuros de doces típicos que teñan por materia prima principal a Castaña,
-Degustación dos postres e de outros produtos derivados do porco,
-Finalmente celebración dun magosto popular con música tradicional.
Con este tipo de celebración intentamos potenciar o valor gastronómico dun producto tan importante para a economía de moitos fogares da zona coma é a Castaña, pero no que tamén poderemos degustar outro importante recurso gastronómico da zona como son os distintos derivados do porco.
A continuación pódese ver e descargar o Cartel informativo da festa:
Cartel Festa da Castaña.
Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.