Descripción do 'Val do Mao'
O Val do Mao, ou “Santa María do Mao”, pertence o Concello do Incio, situado ao sur da provincia de Lugo, a 50 Km da capital da provincia. O nome representa a unha parroquia que a forman 9 pobos o redor dunha contorna de 2 Km. Esta parroquia situase nun val rodeado de belas montañas que se caracterizan pola abundante vexetación, sobre todo de carballos e castiñeiros.
O nome desta parroquia, din os antepasados, que procede de que estos pobos que forman o Val están atravesados por 5 regatos que forman os 5 dedos dunha mán. Ademais estos pobos son atravesado polo Río Mao.
Conta aproximadamente cunha población de 200 habitantes, e polo de agora son poucas as casas pechadas debido a emigración aos núcleos urbanos, ainda que o número de nenos diminuio moito nestes últimos anos.
A beleza da súa paisaxe é o máis signicativo deste pobo situado na montaña lucense. Ademáis desta beleza, ten importantes monumentos dignos de visitar. Posee no seu monte un importante conxunto de “Mámoas”, que son monumentos megalíticos, e que se están a recuperar. O carón deste monte situase o “Castro de Formigueiros” que pertencendo o Concello de Samos limita co monte do Val do Mao. Este Castro estase a recuperar dende o pasado verán 2006, no que comenzaron os traballos de recuperación a través de dous campos de traballo dirixidos por importantes arquéolos.
Tamén preto do monte do Val do Mao, atopase o tesouro arqueolóxico máis importante da comarca de O Incio, Samos e Sarria, a “Necrópolis do Monte de Santa Mariña”, declarado “Ben de Interese cultural e turístico” pola Xunta de Galicia en decembro de 2006. Este xacemento megalítico de Santa Mariña data do periodo neolítico final e este conxunto está composto de máis dunha trintena de dolméns e mámoas.
Pero a beleza do Val do Mao, destacase tamen pola igrexa de orixe románica que posúe. Nesta igrexa reposan os restos do Varón Apostólico “San Eufrasio”. Esta igrexa que data do ano……. Despois de Cristo, recolle dúas pinturas moi ben conservadas así como a tumba de pedra no centro da planta da igrexa onde reposan os restos do Santo Varón. A súa característica principal xunto con outras dúas igrexas próximas a ésta, é posuir ao carón da mesma e baixo a mesma nave o cemiterio parroquial. En tempos pasados o San Eufrasio era obxeto de perigranacións dende Samos, a través do monte, para rezar a este Santo; que procesaba unha gran Fe entre os peregrinos que ían camiño de Santiago, porque este Varón Apostólico foi un dos 9 que trouxo os restos do Apóstolo Santiago á península Ibérica.
Esta páxina web, en Galego, tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia-Presidencia-
Secretaría Xeral de Comunicación-
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.